Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencia matemática. Amosar todas as publicacións

15/05/26

Calculando perímetros en 5º

 O alumnado de 5º está a traballar os perímetros en matemáticas, e que mellor xeito de aprender que empregar o patio para facer cálculos.








07/05/26

Desafío CanSat en 5º de primaria

Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. 

Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.

Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.

Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.

Parabéns polo excelente traballo!


16/12/25

Impresión 3D

 O alumnado do 3º ciclo estivo deseñando na aplicación Tinkercad o seu nome nunha placa para, a continuación imprimilos e colocalos nos maletíns dos ordenadores  E-Dixgal.

Quedáronlles moi ben.



18/02/25

6º e a cortadora láser

  Na biblioteca temos unha máquina que chama moito a atención do alumnado e fai que pregunten cousas sobre ela. É unha cortadora láser que poucos coñecen o seu uso.

Estes días, o alumnado de 6º de primaria estivo fedellando con ela e co programa de deseño. Cortamos fieltro e DM. 

Gustoulles moito!





30/04/24

DigiCraft no teu cole. Concepto de diagrama de flujo

Nesta sesión traballamos o diagrama de flujo entendendo o seu funcionamento.
Cos diagramas conseguimos chegar a un planeta e tamén conseguimos bloquear un extraterrestre para así chegar a un cofre e poder abrilo cun contrasinal seguro, aproveitando para traballar sobre seguridade na internet.
Foi divertido e pasámolo ben.


 

09/04/24

DigiCraft no teu cole. Pensamento secuencial en 5° e 6° de primaria

Que ben o pasamos e canto tivemos que pensar para resolver os algoritmos que nos plantexaba a actividade Compute it!




05/03/24

DigiCraft no teu cole. Programamos coa aplicación Bitbloq Jr.

 Nesta sesión, programamos un ventilador que funcionaba cando detectaba calor e paraba de moverse cando detectaba frío.



28/02/24

Estacións de aprendizaxe en 6º

 O pasado venres os alumnos de sexto estiveron facendo unha rotación polas diferentes estacións que tiñan na aula. 

Aprenderon a xogar coa caixa de clasificar palabras, o imagine, morada maldita, os tres porquiños, carrera de letras e o code master. 

Foi unha sesión moi entretida e onde aprendemos moito!!!










25/02/24

DigiCraft no teu cole. Programamos un coche con Bitbloq

 Nestas últimas dúas sesións, o alumnado elaborou a carcasa dun coche para, a continuación, colocala sobre a placa Zum Kit. A programación consistiu en, no momento que presionamos o pulsador, as rodas tiñan que virar e, cando deixabamos de pulsar, as rodas deixaban de virar.

Gustounos moito!


05/05/23

DigiCraft no teu cole. Quick, Draw! e Witeboard en 5º e 6º de primaria

 Na aula de 5º estivemos traballando e comprendendo como funciona unha intelixencia artificial a través da aplicación Witeboard e Quick, Draw!

Conectamos todos os ordenadores á misma pizarra e, dándonos pistas, debuxabamos o que nos dicían e intentabamos adiviñar o obxecto. Logo, coa aplicación Quick, Draw! debuxabamos en 20" o elemento que nos pedían mentres a aplicación intentaba adiviñar o noso debuxo.

Foi moi divertido!

23/03/23

Aprendemos as provincias de España coas placas Makey Makey en 5º de primaria

 Canto nos gustou argallar coas placas Makey Makey hoxe na aula de 5º. Tivemos que seleccionar 5 provincias no noso mapa de España e conectalas á placa con plastilina conductora e con cables cocodrilo a través de clips. Logo, programamos con Scratch na opción texto a fala o nome de cada provincia e fomos rotando polos mapas dos demáis compañeiros para ver o traballo que fixeron.

Estivo xenial!

03/03/23

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey en 5° e 6°

As nenas e nenos de 5º e 6º crearon un circuito de mini-golf con obstáculos e unha meta. Programaron con Scratch os diferentes sons que producirían a meta e os obstáculos en caso de tocalos coa bola de xogo e, logo de conectar as placas makey makey, xogaron.

Foi moi entretido e divertido colaborar e traballar en equipo para conseguir que as placas funcionasen.



21/10/22

Somos a clase de 6º

 Nós somos.... Aquí tedes un video elaborado polo alumnado de 6º, no que crearon o seu nome coa aplicación Stop Motion e, posteriormente, montaron un Imovie no que engadiron o video e máis a súa foto. 

Bo traballo!

11/03/22

DigiCraft no teu cole. Circuito coas Sphero Mini en 6º

Hoxe, na aula de 6º estivemos traballando a percepción espacial, a lateralidade, a matemáticas... coas Sphero Mini .



08/10/21

Impresión 3D en 5° e 6° a través da aplicación Tinkercad


Os nenos e nenas de 5º e 6º comezamos o curso traballando, nas sesións Tic's, a impresión 3D. Na aula de 6º, estamos a diseñar unhas figuras para poder xogar coas Sphero Mini e, na aula de 5º, estamos a diseñar uns chaveiros co seu nome para colocar nos maletíns dos ordenadores E-Dixgal. Estamos diseñando coa aplicación Tinkercad, e están saíndo traballos moi interesantes.




Aquí temos o resultado do traballo do alumnado de 5º.



 




14/03/21

XEOGRAFÍA CO ESCORNABOT EN 6°


O alumnado de 6º estivo traballando sobre o mapa de España co Escornabot. Fixemos un repaso das comunidades autónomas e provincias do noso país.


 

10/11/20

IMPRESORA 3D EN 5º

 Os nenos e nenas de 5º están a diseñar un chaveiro co seu nome para imprimir na impresora 3D e poñer nas súas fundas dos ordenadores E-Dixgal. Están a traballar coa aplicación Tinkercad. Irémosvos contando como vai a cousa...




12/06/20

Geometría comestible . Matemáticas 5º

Hoy vamos a jugar con la geometría. Sí! Sabéis muchas cosas sobre ellas (conoces figuras geométricas y cuerpos geométricos, conocéis el cuadrado, el triángulo, el pentágono, los conos, los cubos, las pirámides ,...)

La actividad consiste en formar figuras geométricas (todas las que queráis), utilizando palillos y gominolas, pedacitos de frutas (uvas, sandía, fresas...). Pueden ser en dos o tres dimensiones.

Recordad hacer fotos antes de comer las figuras!! (enviarlas al correo de terceirocicloenquintela@gmail.com

Aquí os dejo unos ejemplos.








Os dejo también unos enlaces a unos juegos para que os divirtais con las matemáticas:

- SABUESOS
CÁLCULO MENTAL

05/06/20

Matemáticas en 6º

Bos días a todas e todos! Esta semana daremos un repaso trimestral. Na páxina 152 faredes os exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8,  9, 10, 11 e 12. Na páxina 156 facedes os exercicios 1, 2, 3, 4, 5 e 6. Mandades fotos de todo e non vos esquezades de facelos ben e con claridade. Os que queirades envialos en Word lembrade que para as matemáticas non é un formato fácil e polo tanto, non poderei avalialos como se debe. Recomendo as fotos da libreta.
Un saúdo 

Matemáticas 5º

Hoy para matemáticas vamos a volver a repasar un poco las operaciones que ya conocéis.
Las haréis en la libreta y enviareis foto al correo.

1- Calcula las siguientes sumas y restas

235,76 + 675, 98 + 444 =

76493 - 12370 =

6672,56 - 1902,43 =


2- Calcula las siguientes multiplicaciones.

36740 x 67=

379,76 x 34,1=


3- Realiza las siguientes divisiones, recuerda sacar 3 decimales en el cociente, a no ser que sean exactas.

7863 : 67=

27839,7 : 8,9 =

1456,73 : 2,3=