23/03/23

Aprendemos as provincias de España coas placas Makey Makey en 5º de primaria

 Canto nos gustou argallar coas placas Makey Makey hoxe na aula de 5º. Tivemos que seleccionar 5 provincias no noso mapa de España e conectalas á placa con plastilina conductora e con cables cocodrilo a través de clips. Logo, programamos con Scratch na opción texto a fala o nome de cada provincia e fomos rotando polos mapas dos demáis compañeiros para ver o traballo que fixeron.

Estivo xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario