Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: xadrez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: xadrez. Amosar todas as publicacións

19/02/19

Ensinamos a xogar ao xadrez

Os nenos e nenas de 5º estivemos na clase dos nosos compañeiros e compañeiras de 4º para ensinarlles a xogar ao xadrez. Somos uns bos mestres!






18/04/17

Clases de xadrez

O alumnado de 5º e 6º curso que practica xadrez no recreo continúa ensinando aos compañeiros. Segue axudando á clase de 4º de primaria unha vez á semana ( ver entrada en febreiro ) e tamén ao resto da clase de 6º de Primaria. Estes quedaron con ganas de seguir.






15/02/17

Clases de xadrez

Os nenos e nenas de 5º e 6º que xogan ao xadrez nos recreos danlles clases aos de 4º unha vez á semana. Para iso organizan todo eles: distribúen o material, colocan as cadeiras para cada parella de xogadores, supervisan as partidas, ensinan os primeiros pasos, ensinan a recoller,... O tempo pasa tan a présa que cando toca recoller non apetece. 
Aí van algunhas fotos.






02/03/11

Subcampeóns da 4º División Galega de xadrez

O clube de xadrez de Moaña, Bobby Fischer, alcanzou o subcampeonato de Liga o pasado febreiro no CEIP de Nigrán no que participaron un total de nove equipos.
Dous xogadores do equipo son os alumnos de sexto do noso colexio: Anxo Rúa e Carlos Urdampilleta.
Os nosos parabéns para eles.