CARTA DE DESPEDIDA DE 6º
O alumnado de 6º escribiu esta carta para despedirse do colexio.
Bos días! Boas tardes! Boas noites!
O primeiro que queremos dicir é que este día é moi especial para nós, xa que vai ser o último que pasemos aquí. Aínda que estamos tristes por abandonar Quintela, tamén estamos contentos por poder pasar de curso. Levamos tanto tempo esperando a ser os maiores do colexio que agora que o somos a algún e algunha pasóusenos pola cabeza desexar estar en 1º para que nos quedaran máis cursos no cole e non ter que marchar para o instituto. Pero, quedarse toda a vida aquí sería aburrido, non?
En cada esquina temos un recordo, un sorriso ou, incluso, unha risa.
Para empezar queremos dar as grazas a todos os mestres e mestras: por responder ás nosas preguntas, por explicar todo tantas veces, por ensinarnos a coñecer tantas cousas, por aguantarnos nos momentos que fixemos das nosas, ...
A maioría de nós pensa que o instituto vai ser máis complicado e ademais, seremos os pequenos alí.
Danos moita pena deixar o colexio xa que aquí vivimos moi bos momentos e fixemos moitos amigos e amigas ao longo de toda a nosa vida escolar. Vai ser moi difícil non chorar agora porque lembraremos as risas, as aventuras e as anécdotas que vivimos; pero tamén, recordaremos as cousas non tan boas a pesar de que agora non estamos aquí para reprochar senon para dar mil grazas a todas e todos.
Esperamos facer novos recordos e novos amigos e amigas porque aínda que nos dean medo os cambios sabemos que son todos imprescindibles para as nosas vidas.
Grazas Quintela por darnos todos estes anos!!!
QUERÉMOSVOS!!!
P. D. : Que pasedes un bo verán!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario