Na última semana deste trimestre que remata tivemos unha actividade moi divertida: un obradoiro de pan. Pero un pan moi especial: pan de landras.
Unha panadeira ecolóxica, chamada Ruth, ensinounos como fai o pan de landras. Resultou ser unha mestra moi agradable e eficaz. Ademais deunos a probar un cacho de pan a cada un de nós que xa traía feito da súa casa porque o pan de landras tarda moito en cocer e non tiñamos tempo nin forno. A propósito, o pan estaba boísimo.
Como mostra fixemos un vídeo coas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario