03/06/21

A Asociación Sueste e as Embarcacións Tradicionais

Cada  dous anos, cando chega o verán, Moaña celebra o Encontro de Embarcacións Tradicionais.


 Hoxe estiveron no cole Cándido Miranda e Pablo Martínez, representando a asociación de Sueste para  traernos información sobre as embarcacións tradicionais.

 Cándido falounos sobre a evolución dos barcos na historia. Primeiro empregábanse  simples troncos, pois flotaban e servían para chegar dun lado ao outro coa axuda dun pau. Despois xa eran estruturas de madeira, con vela ou con remos. 

As primeiras embarcacións foron canoas excavando os troncos, pero despois empezáronse a construir embarcacións máis sofisticadas, con varios velames e maior envergadura.  Despois  empregouse ferro, ata os barcos de fibra de vidro de agora. 

Tamén nos contou que as primeiras viaxes empezaron nas illas da Polinesia e que os vikingos foron grandes navegantes.

Pablo  falounos sobre ás embarcacións tradicionais de Galicia, contounos que había moitos tipos e que estaban traballando para recuperalas, rescatándoas e restaurándoas. 

Nomeu os pataches, os galeóns, as traiñeiras,  o racú, as dornas, a buceta, a lancha de relinga , a chalana e os botes. De cada un deles sabía cousas curiosas. Agora xa sabemos que as primeiras competicións entre traiñas buscaban chegar antes para vender o peixe.

 Falounos do Eliseo, un galeón que se salvou da queima do asteleiro Casqueiro.

A sexto  encantounos esta experiencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario