A partir do libro de Pepe Carreiro, Os bolechas van a Moaña, fixemos no cole unha actividade co escornabot para ampliar os coñecementos do alumnado de 5º curso sobre o concello no que viven.
Os obxectivos que pretendemos conseguir con este traballo son o de coñecer o lugar no que viven, identificar os monumentos e construcións máis importantes do seu contorno, valorar positivamente o cuidado e conservación do patrimonio cultural de Moaña, etc.
As competencias traballadas foron a dixital, a de aprender a aprender, a social e cívica, a lingüística e a conciencia e expresión cultural.
Traballamos contidos como o coñecemento das igrexas e capelas de Moaña, identificación dos distintos ríos, diferenciación das praias pola actividade que se desenvolve nas mesmas, etc.
Para conseguir todo isto, dividimos os 18 nenos e nenas en 4 grupos. Fixemos a actividade por duplicado, de tal xeito que traballaban ao mesmo tempo os 4 grupos con 2 escornabots cada grupo durante unha sesión de 50 minutos. Montamos as plantillas en dúas mesas, nas que se colocaban os grupos.
Empregamos unha plantilla de escornabot coas imaxes das respostas que se fan un grupo a outro a través dunhas tarxetas que conteñen preguntas sobre Moaña, o seu patrimonio, a súa cultura...
Cando un equipo acerta a pregunta, obtén un PACOPUNTO como premio. Gaña o equipo que máis Pacopuntos consegue.
Temos que dicir que a avaliación deste traballo foi moi positiva, xa que aprenderon sobre o lugar no que viven, solucionaron conflitos en grupo, resolveron civicamente as distintas preguntas plantexadas...
Parabéns!!!
Facendo clik na opción de plantillas e preguntas, poderedes ver as plantillas de resposta e tamén as tarxetas de preguntas.
PLANTILLAS E PREGUNTAS
Este é o Pacopunto.
Facendo clik na opción de plantillas e preguntas, poderedes ver as plantillas de resposta e tamén as tarxetas de preguntas.
PLANTILLAS E PREGUNTAS
Este é o Pacopunto.
Deixamos un video amosando o éxito da actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario