20/05/20

MÚSICA 5º e 6º

Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.

- Empezamos cunha actividade sobre “Un paseo pola música de Galicia”. Para iso imos á ligazón que vos deixo máis abaixo. Unha vez dentro da páxina, imos á pestana (MÚSICA TRADICIONAL). Si poñemos o cursor do rato encima da pestana, ábrese un despregable e imos a (instrumentos) onde aparecen os seguintes apartados “introdución, idiófonos, membranófonos, aerófonos e cordófonos”. En cada apartado hai foto do instrumento, unha pequena explicación e como soa. Despois de ver, escoitar e ler toda a información , voltamos á pestana de (MÚSICA TRADICIONAL) e no despregable facemos as (actividades), pero só facemos as de INSTRUMENTOS (páxinas 9, 10, 11, 12, 13, 14 e 15).
Unha vez feitas todas, mandaredes ao correo da vosa titora as actividades das páxinas 11, 13, 14 e 15 nun DOCUMENTO WORD que deberá conter (nome e apelidos, as preguntas copiadas coas súas respostas).

- Agora recordamos posicións das notas musicais na frauta, (si pasas o cursor do rato polo nome da nota, esta soará, aparecerá debuxada no pentagrama e verás a posición para tocala na frauta).

- Xa por último toca practicar coa frauta.
Para 5º a canción (Debajo de un botón). Xa a tocamos na clase, podedes tocar pola vosa partitura (facendo repetición). Na seguinte ligazón tamén a podedes ver, (primeiro toca rápido e logo lento) así como o nome das notas. Ánimo!!!

Para 6º a canción (Himno de la Alegría). Xa a tocamos na clase, podedes tocar pola vosa partitura. Na seguinte ligazón tamén tedes a partitura con acompañamento e posición das notas. Ánimo!!!
https://www.youtube.com/watch?v=NERyEEt51fo&list=RDkMcQNGFCOZQ&index=13

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario