Esta semana, a proposta que vos facemos é traballar coa aplicación TOONTASTIC. É compatible con IOS e ANDROID. Cando a descarguedes, dádelle permiso á cámara e ao micrófono para que funcione correctamente.
Esta aplicación permite crear historias en 3D, dividindo as mesmas en 3 partes: inicio, o que acontece no medio da historia e o final.
Pois veña, inventade unha historia sobre o tema que vos apeteza e a divertirse aprendendo!
PASOS A SEGUIR:
1.- PULSA NO + PARA CREAR A TÚA HISTORIA.
2.- SELECCIONA A SHORT STORY.
3.- A HISTORIA TEN 3 PARTES:
BEGINNING: na que se introduce a historia.
MIDDLE: na que se desenvolve a historia.
END: na que se finaliza a historia.
Comezade no beginning.
4. SELECCIONA UN ESCENARIO E OS PERSONAXES (PODES EDITALOS E CAMBIAR AS CORES DA SÚA ROUPA) FACENDO CLIC ENRIBA DELES. NAS DEMÁIS PARTES DA HISTORIA TAMÉN TERÁS QUE SELECCIONAR ESCENARIO E PERSONAXES.
ÁNIMO! SEGURO QUE CREADES HISTORIAS FERMOSÍSIMAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario