19/05/20

Guías turísticos por un día en 6º

Estamos desexando ir de viaxe e desfrutar ao aire libre de todos os lugares singulares que ofrece Galicia.
Prontos poderemos saír da provincia e visitar os nosos lugares favoritos: dunas, castelos, ríos, furnas, faros, praias, bancos, montañas...
Convírtete nun guía turístico por un día e fainos a túa recomendación sobre o teu lugar favorito, para que vaiamos pasar o día. Estaremos felices coñecendo estupendos e novos lugares.
Debes elaborar un documento no que inclúas os seguintes datos:

  • Nome
  • Localización
  • Como chegar
  • Distancia de Moaña
  • Singularidade
  • Imaxe
  • Recomendado porque
  • Gústame porque
No seguinte modelo poderás cambiar as fotos polas que busques na rede sobre o lugar que recomendes. Poderás tamen incluir a información que pide o guión. Se o prefires , tamén podes crear o teu propio folleto en word , diapositiva de Power point ou a ferramenta que prefiras.
Modelo de folleto

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario