03/06/20

MÚSICA 5º e 6º

Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
- Comezamos cun xogo sobre os instrumentos cordófonos e aerófonos. É moi sinxelo. Facedes clic nunha palabra, na que queirades, e despois deberedes de facer clic nas outras que encontredes que sexan da mesma familia.
- Agora repasamos os instrumentos electrófonos, membranófonos e idiófonos.

- Seguimos co xogo do aforcado, que estou seguro que coñecedes. Vamos a usalo para poñer a proba os vosos coñecementos sobre a clasificación das voces segundo sexa a súa ALTURA (soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono, baixo) e segundo as AGRUPACIÓNS VOCAIS (dúos, tríos, cuartetos, coro, orfeón, escolanía, voces graves). Nos vosos apuntes de clase no apartado “A VOZ” tedes información.
Si o Adobe Flash Player está bloqueado, dádelle a PERMITIR para ir ao xogo.

- Continuamos co xogo do “trivial musical”, escolledes o número de xogadores, dádeslle ao centro da roda e a xogar!!!

- Rematamos cantando a canción da regra dos tres “R” ecolóxicos (Reducir, Reutilizar e Reciclar) xa que este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Non desaproveitemos a ocasión de colaborar na tarefa de coidar o noso planeta azul para asegurar agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san. A cantar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario