Bos días nenos e nenas!!!
Hoxe, para ciencias, vaivos tocar ser inventores!! Si, o que ledes!!
Tedes que crear un inventos que vos solucionaría a vida, é dicir, tal e como o fixo no seu momento a bombilla ou a roda. BOTADES EN FALTA ALGUNHA MÁQUINA OU PRODUTO?
Primeiro, tedes que pensar aquilo que sería necesario para solucionar algún aspecto das nosas vidas.
Poñedeslle un nome ao voso invento, que materiais empregardes (podedes votar un ollo no libro ou en internet da cantidade de materiais que hai...
Faredes un debuxo de como sería o voso invento.
Faredes unha foto ao voso invento tamén para que todos poidamos coñecelo.
Recordade que o podedes facer no programa que queirades, Word, Power Point...
Pasaredelo en grande sendo inventores!!! Tedes toda a semana para facelo!
Os nenos e nenas de quinto enviaredelo a : terceirocicloenquintela@gmail.com
Os nenos e nenas de sexto enviaredelo a: cursodesexto@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario