Bos días nenos e nenas!
O primeiro que quero facer como profe é darvos os parabéns polo ben que estades a levar esta situación. Sodes moi valentes!!!!
Eu tamén quero aportar algunha idea para que fagades exercicio físico na casa, que estou convencida de que facedes (e moito!!!).
Se estiveramos no cole, sería moi doado dicirvos e explicarvos calqueira actividade, porque xa nos coñecemos e sabemos entendernos ben. Pero a través da web, poñervos todas as miñas ideas por escrito e un pouco complicado, así que estiven cotilleando por internet e atopei bastantes cousiñas interesantes que vos vou ir propoñendo.
Aquí vai unha collida da páxina BaM! Ocio alternativo e familiar:
Este e un videoxogo que coñecedes todos e todas, e para estes días pódevos resultar efectivo para mover o corpo.
Tedes que bailar imitando as persoas que saen no video. Animádevos que seguro que o facedes xenial!!!!
Unha aperta moi grande.
Kathy
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario