Bos días nenas e nenos!! Hoxe toca tamén unha actividade de Educación
artística e a proposta é a seguinte:
Que tal se hoxe creamos coas mans?.
Imos pintar animais e distintas figuras
xogando e utilizando soamente os MOVEMENTOS das NOSAS MANS!!
Asombroso, verdade?!!!
Mirade o video, escollede o animal ou a figura que máis vos guste, e despoisssss a XOGAR,
PRACTICAR e PINTAR coas MANS!!!
NOTA: Para próximos traballos poderiades gardar algún
material de reciclaxe: rolos de papel hixiénico, de cociña, distintos tipos de
caixas: galletas, cereais, botellas de plástico, tapóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario