13/04/20

Saúdo terceiro trimestre para 5º curso

Queridas familias:
Comeza o terceiro trimestre e de novo as mestras estamos convosco para acompañarvos nas vosas aprendizaxes.
Diante de nós quedan algúns días máis sen clases no cole. Gustarianos que esta situación cambiase e poidésemos volver ás aulas xuntos. Non sabedes canto!!

Mentras esta situación non chega seguiremos propoñendo tarefas, aínda que organizadas de xeito diferente.
Visitade este blog  porque cada semana (os luns) publicaremos a proposta semanal . 
Haberá propostas de cada materia, pero poderedes organizarvos ao voso xeito, empezando pola que máis vos apeteza. Ao final da semana deberedes telas todas completadas.
Deste xeito:

  • Haberá unha tarefa relacionada coas linguas
  • Tamén tocará poñerse a investigar, Ciencias Sociais ou Naturais
  • Dedicaremos un día ás especialidades : Música, Tics, Educación Física e Plástica (cada semana dúas delas)
  • Outra proposta estará relacionada co Inglés
  • Non esqueceremos as Matemáticas 
Algunha vez pedireivos que me enviedes algunha tarefa, xa volo farei saber. Se non é así resolveredes as propostas nos vosos cadernos.

Seguiremos en contacto a través do correo electrónico.
Ánimo!! Sodes moi valentes!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario