03/04/20

5º Primaria Vacacións Semana Santa.

Boa días nenos e nenas de 5º, como xa sabedes aí veñen as vacacións de Semana Santa. Como imos  estar en familia propóñovos unhas actividades divertidas para facer en familia.

Como xa sabedes, Google incorporou unha nova tecnoloxía que permite facer animais en 3D na casa.
Os pasos son os seguintes:
       1. Busca en Google un animal: león, tigre, tiburón ... (hai un  montón de animais cos que poder  
           xogar).
       2. Fai clic no botón que pon "Ver en 3D".



            3. Disfruta do animal en 3D. Podes facerte fotos co animal e envíamas a
            terceirocicloenquintela@gmail.com.  
Con todas as fotos que reciba, faremos unha divertida montaxe.


Como segunda actividade propóñovos facer unha viaxe virtual a un lugar que sempre quixeras visitar. O lugar é libre, pode ser calquer lugar do mundo.
Os puntos que debedes tocar son os seguintes:
- Lugar ao que queremos viaxar..
- Cando realizaríamos esa viaxe.
- Motivos polo que elixes este lugar.
- Unha pequena explicación do lugar ao que viaxas.
- Que cousas poderemos facer alí?

- Busca información tanto en internet, libros ou revistas que teñas pola casa.


Como última proposta: Facemos unha receita en familia.

Eliximos o tipo de receita que queremos preparar, pode ser postre, pan ou a comida que máis che guste.
 Tes que anotar os ingredientes que leva a receita, coas cantidades; e despois unha pequena explicación da súa elaboración.



Divertídevos traballando, xogando e experimentando en familia.

Felices Vacacións.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario