O xoves, 30 de marzo, no colexio ocurriu unha cousa un tanto extraña...
Na penúltima hora, en medio do silencio dun exame as nenas e nenos de 6º de Primaria xunto coa profesora de música escoitaron un forte ruido, miraron para a ventá e...
HABÍA UNHA AGUIA!!!
Nós quedamos moi asombrados e ela estaba moi asustada. Quedouse apoiada na ventá ata que soou a música da saída e botou a voar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario