01/04/17

REMATOU A EDUCACIÓN FÍSICA NA PISCINA...

Onte tivemos a nosa última sesión de piscina. Fixemos un repaso de todo o aprendido nas sesións anteriores e, tamén, ensináronnos a tirarnos de cabeza!!!!
Quedamos encantados e con pena de non poder seguir, de que xa rematara...

Queremos agradecer a todo o persoal da piscina por apoiarnos nesta experiencia e, sobre a todo a Pedro, pola súa implicación, paciencia e esforzo. Isto non sería posible sen a colaboración do Concello e de Aqualia, así que, unha vez máis, grazas por contar con nós nesta iniciativa. Esperamos poder seguir con esta actividade nos vindeiros cursos!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario