04/06/26

2º Día Excursión Fin de Curso

O segundo día da nosa excursión de fin de curso foi unha aprendizaxe...

Pola mañá desprazámonos ata Padrón, unha vila con moita historia e tradición. Alí percorremos o seu casco histórico e coñecemos algúns dos seus lugares máis emblemáticos. Tamén descubrimos a lenda máis importante da localidade, relacionada co apóstolo Santiago Apóstolo. Aprendemos que, segundo a tradición, a barca que transportaba os seus restos chegou ata estas terras e que o famoso "pedrón" deu nome á vila.

Despois comemos no xardín botánico e pola tarde visitamos a Casa da Matanza, o fogar onde viviu os seus últimos anos a escritora Rosalía de Castro. Durante a visita coñecemos mellor a súa vida e a súa obra, e comprendemos a importancia que ten para a literatura e a cultura galega. Tamén realizamnos un scaperoom na súa casa!

Ao rematar as actividades en Padrón, regresamos a Galipark, onde continuamos desfrutando da convivencia. Foi unha xornada interesante, "histórica" e cultural.  

Foi un día interesante!













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario