30/01/26

Aprendemos a protexernos do fraude en internet co Banco de España

 

O alumnado de 5º de Primaria recibiu unha charla moi interesante por parte do Banco de España sobre como previr o fraude en internet e navegar con maior seguridade.

Durante a sesión, aprenderon a identificar posibles enganos en correos electrónicos, mensaxes ou páxinas web, así como a importancia de non compartir datos persoais nin contrasinais. Tamén reflexionaron sobre o uso responsable das tecnoloxías e sobre como actuar se sospeitan que poden estar ante unha estafa.

A través de exemplos prácticos e situacións reais, o alumnado puido comprender mellor os riscos que existen na rede e adquiriu ferramentas útiles para protexerse no día a día.

Sen dúbida, foi unha actividade moi proveitosa que contribúe a formar cidadáns e cidadás máis responsables e seguros no mundo dixital.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario