Hoxe celebrouse un Pleno Infantil na casa do Concello.
O tema sobre o que se reflexionou foi "Os incendios".
Foron moitas e moi interesantes as propostas que xurdiron por parte do alumnado de todos os colexios que participaron, propostas que se lle transmitiron á tenente de alcade Dna. Marta Freire Riobó, á concelleira de deportes e ensino Dna. Dolores Chapela Pérez e ao concelleiro de mocidade e igualdade D. Xosé Daniel Costas Currás
O noso colexio foi representado por Xiana e Tomé. Eles encargáronse de comunicar o traballo de reflexión realizado na clase entre todos.
Foi unha experiencia moi interesante.
Hoxe
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario