Bos días de novo 6º! Esta semana ides traballar os números enteiros que están no tema 9. Tal como se explica na páxina 122 son os números positivos e negativos. Os números naturais, que son os números cos que estabamos a traballar, son os números enteiros positivos e xa non lle poñemos o + diante. Os que nos interesan agora son os negativos e creo que os coñecedes máis do que pensades. A temperatura dos frigoríficos é negativa e para selo ten que estar por debaixo do 0; moitas zonas do planeta teñen temperatura negativa durante o inverno e tamén no verán; moitos edificios teñen o aparcamento ou prazas de garaxe en pisos co - diante (pensade nos centros comerciais aos que non podemos ir de momento e nos aparcamentos). Por estes motivos penso que non vos será difícil ler a información da páxina 122 e facer os exercicios 1, 2, 3 e 4.
Mandaredes ao correo de terceiroenquintela@gmail.com os exercicios 3 e 4 fotografados do caderno de traballo.
Unsaúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario