27/05/20

Lingua 5º/6º

Esta mañá en lingua galega toca cociñar unha receita con froitas.

As opcións son varias:
  1. Poden ser pratos decorados con diferentes froitas 
  2. Pode ser unha espetada de froitas 
  3. Pode ser unha receita que leve algúns tipos de froita e outros ingredientes
  4. Pode ser unha ensalada con froitas
  5. Pode ser unha sobremesa que leve froitas
  6. Calquera outra idea que teñades para cociñar coas froitas 
A tarefa podédela facer manualmente ou no programa que queirades usando un tamaño A4. 
O formato da receita pode ser algo así




 

 Agardamos as vosas fotos no correo ao longo desta semana

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario