Esta semana traballaremos ciencias naturais. Faremos unha pequena investigación de científicos e científicas que marcaron a nosa historia. Cada un de vós terá unha personalidade diferente. De cada un deles tedes que falar do seguinte:
- Biografía. (Debes destacar a data e o lugar de nacemento e falecemento; as súas cualidades
humanas e científicas. Algúns rasgos biográficos de como foi a sua infancia ou xuventude)
- En que campos da ciencia destacou ou investigou.
- Aportacións á ciencia (Principais obras e/ou descubrimentos)
- Curiosidades.
- Bibliografía ou webgrafía.
O documento hai que redactalo en word. Teñen que aparecer estes aspectos e ademais unha imaxe/fotografía, na que xa sabedes, que non teñan dereitos de autor.
A extensión máxima debe ser de tres follas.
Tratade de redactar o texto e non facer un copia/pega de internet. Non ten que ser moi extenso Recordade os signos de puntuación, os parágrafos e a cohesión e coherencia nos textos.
Tedes ata o sábado día 9.
Esta é a lista coa que vos toca a cada un:
- Mía Alonso: Louis Pasteur
- Mateo Barcia: Marie Curie
- Lorea Bermúdez: Albert Einstein
- Ana de Almeida: Isaac Newton
- Óscar Diéguez:Charles DArwin
- Eder Gómez: Tomas Alva Edison
- Gabriel González: Galileo Galilei
- Naya Iglesias:Sofía Kavalévskaya
- Adrián López: Margarita Salas
- Marina Macey: Nicolás Copérnico
- Xavi Marcos: Alfred Nobel
- Adrián Márquez: Rosalind Franklin
- Alba Millón: Alexander Graham Bell
- Luca Nogueira: Blaise Pascal
- Rocío Núñez: Josefina Castellvi
- Alba Teresa Pazos: Lise Meitner
- Mateo Pidre: Alexander Fleming
- Claudia Rodríguez: Santiago Ramón y Cajal
- Rafael Romero: Stephen Hawking
- Marta Salgado: Gabriella Morreale
- Gael Sotelo: Severo Ochoa
- Alba Varela: Ada Lovelace
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario