14/04/20

Tarefa para 5º curso: Xeografía

Esta semana investigaremos sobre Xeografía: As montañas do mundo.

Esta semana propoñémosvos que investiguedes sobre as montañas ou cadeas montañosas máis importantes do planeta, para que o resto dos nenos e nenas do cole as coñezan.
Podes buscar información aquí:
Cadeas montañosas máis longasWikipedia
Relieve del mundo

Isto é o que debedes facer:
1. Buscaredes o nome da cadea montañosa ou montaña máis importante de cada continente, e anotarédelo no voso caderno de sociais.
2. Buscaredes unha foto de cada unha delas e   descargádela.
3. Cun programa de edición de fotos (Paint, Picture Manager, Pic Collage ou similar) poñédeslle o nome e gardádelas.
 4. Enviádelas ao correo electrónico da clase, poñendo en asunto o voso nome e a palabra Montañas.

Con elas elaboraremos unha presentación para compartir co resto do cole no blog.

Ánimo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario