29/04/20

ACTIVIDADE ARTÍSTICA para 5º e 6º de PRIMARIA

Ola bos días a todas e a todos!
Hoxe é mércores e tócanos actividade plástica, así que a prepararse!! 
Aproveitando que o 15 de Abril foi o Día Mundial da ARTE, propóñovos un Reto Artístico
                        A BÚSQUEDA DO TESOURO DA ARTE!!! 
Realizarémola seguindo as seguintes pistas: 
  • PISTA Nº 1: Imos xogar a mirar: Teredes que mirar con moito detalle as fotos que vos deixo a continuación que son partes de cadros famosos dun pintor mooi coñecido.
Adiviñastes de que pintor estamos a falar?
  •  PISTA Nº 2: agora imos buscar onde están eses cadros, e para iso, cal é o mellor lugar onde atopar obras de arte?. Pois si, nun MUSEO, onde poderemos aprender moito da ARTE
  • PISTA Nº 3: Un museo dun pintor holandés cuxas obras máis importantes son: “A habitación de Arles”, “A noite estrelada”, “Os xirasois” e “ Autorretrato. Siii!! ó Museo de VAN GOGH. Para iso deberedes clicar na imaxe que vos poño a continuación para acceder ó museo 

Unha vez no Museo teredes que atopar as seguinte imaxe para facer unha Visita Virtual. Alí buscaredes os cadros. Así que a BUSCAR!!!
Cando os atopedes:
ESCOLLEREDES  1 E TEREDES QUE FACER A VOSA VERSIÓN DO CADRO OU SE PREFERIDES SÓ DEBUXAR, A PARTE DO CADRO QUE MÁIS VOS GUSTE OU VOS CHAME MÁIS A ATENCIÓN!! 
Así que sacade o voso lado máis artístico e poñédevos mans á obra…

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario