12/03/20

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. PROGRAMAMOS OS NOSOS ROBOTS

Na sesión anterior, o alumnado investigou sobre varios tipos de robots. Remataron construíndo cada equipo o seu propio robot con material de refugallo.
Nesta sesión, fixemos un xogo no que tiñan que chegar a un punto determinado no taboleiro de xogo programando o seu robot cunhas cartas. Traballaron sobre os puntos cardinais para orientarse no espazo e tamén entenderon que os robots necesitan que lles digamos exactamente os movementos a facer para ir ao sitio que desexamos.
Gustounos moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario