30/03/20

Matemáticas

Curso de sexto
Bos días a todas e a todos! Desexo que esteades pasando con calma e paciencia estes  días tan especiais. Como a situación de estancia na casa vaise prolongar uns días máis, propóñovos uns exercicios para facer nesta semana. 
Estabamos dando a regla de tres e como continuación viñan as porcentaxes. Repasade a páxina da regla de tres e pasade a ler con calma e varias veces a información da parte superior das páxinas 110 e 111. Lembrade as rebaixas e o  tanto por cento do prezo rebaixado.
Exerxicios propostos: 25( utiliza a regla de tres), 29, 30, 32 e 34
Podes utilizar o lapis para interpretar a explicación da páxina 111.
En youtube hai moitos videos didácticos que vos poden servir de guía.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario