29/11/18

A Moañesa de Música e Danza

O mércores 28 de novembro recibimos na biblioteca do cole a Juan Pena , o presidente da Agrupación cultural Moañesa de Música e Danza.
Queriamos coñecelo todo sobre a actividade desta asociación cultural de Moaña.
Tiñamos preparado un cuestionario de preguntas para desenvolver a entrevista e o tempo pasou voando mentres nos contaba todo o que facían para difundir e conservar a cultura galega.
Trouxo a súa gaita e ao final tocou unha peza que nos encantou.

Moitísimas grazas Juan, aprendemos moito!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario