11/06/18

A excursión de sexto

O alumnado de sexto compartimos tres divertidos días en Allariz.

Estivemos nun albergue da fundación Ramón González Ferreiro.
Fixemos multitude de actividades divertidas,todas guiadas polo equipo de monitores.

Tamén aprendEmos moito sobre  Allariz .Tivemos que movernos pola vila e investigar para poder contestar ás preguntas e así conseguir laricopuntos.
Investigación, deportes, xogos, veladas e contos. Toda unha experiencia que recordaremos con moito cariño.
Dámoslles as grazas ao equipo de persoas que traballaron na cociña para nós
E, por suposto, aos nosos queridos monitores

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario