04/05/17

6º ensina aos nenos e nenas de infantil a ir pola rúa

Hoxe, o alumnado de 6º de Infantil, 5º de Infantil e 6º de Primaria baixaron camiñando ata a praza para facer un ensaio do baile que imos facer para a inauguración do Comicón o vindeiro venres 12 de maio.
Cada neno e nena de 6º de Primaria levaba a un par de nenos e nenas de infantil, un de cada man, para acompañalos no camiño de baixada e subida ao cole. Axudáronlles a baixar as escaleiras, a cruzar correctamente os pasos de peóns, a circular pola parte interior das beirarrúas... 
As mestras queremos darlles os parabéns polo ben que o fixeron!!!! Grazas maiores do cole!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario