03/03/17

Natación en 6º curso

Durante o mes de marzo, os venres, os nenos e nenas de 6º de Primaria imos facer a clase de Educación Física na piscina municipal.
 Esta é unha actividade que xestionou o Concello xunto coa Piscina  Municipal, co obxectivo de fomentar o deporte da natación dentro da comunidade escolar.  
Traballaremos a técnica nos diferentes estilos e tamén a respiración, pero sen esquecer o xogo, que é moi importante para unha boa e motivadora aprendizaxe.
Hoxe foi o primeiro día e quedamos encantados!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario