O martes 24 de novembro o alumnado de 5º e 6º fomos coñecer unha parte da costa de Moaña. Demos un paseo desde o colexio ata o mirador de Tirán. Paramos preto das distintas estatuas que decoran as rotondas polas que pasamos, no porto do Con, no muro de Masandía, na igrexa de Tirán, no mirador enriba das praias do Fiunchal e do camping e merendamos alí. De volta descansamos na estatua da balea e voltamos cansos parando en todos os bancos que atopamos na beirarrúa de Daniel Castelao. Cos recordos fixemos por grupos uns traballos que temos expostos. Debaixo mostramos un álbum de recordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario