24/11/15

5º e o vaso das castañas

Como construír un vaso con papiroflexia

Material necesario

- Unha folla de xornal
- Unhas tesoiras
- Un anaquiño de celo
- Lapis de cores

Pasos

Collemos a folla do xornal e levamos un vértice ao lado contrario ata conseguir un triángulo dobrado. Sobra un rectángulo e cortámolo.
Despois, poñemos o lado máis longo do triángulo pola parte de abaixo. Collemos un vértice e levámolo ata o lado contrario. Facemos o mesmo co outro vértice e poñémoslle o anaquiño de celo para que non abra.
Van quedar dous triángulos arriba. Dobramos o vértice dun triángulo cara abaixo e facemos o mesmo co outro.
E, finalmente, decoramos o vaso como queiramos.
Este foi o vaso no que metemos as castañas do magosto do colexio.
Abaixo mostramos en fotos o proceso.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario