COMEZAMOS CUN CONTO DE PACO
Para iniciar este novo curso Paco agasallounos cunha lectura en cada clase.Aos nenos e nenas de 6º tocounos o conto titulado "Venres".
En xeral gustounos moito. Aquí tedes algúns comentarios:
A Henar e Aarón gustoulles este conto porque Robinson non mirou a Venres coma un inimigo nin un home xigante e fixeron moi boas migas.
Para Pablo e Alejandro esta historia foi do seu agrado porque valora a amizade.
Hugo Troncoso opina que o relato entretén e engancha ata o final.
Despois de ler este conto, Daniel considera que é moi importante ter amigos.
A Xoana esta historia gustoulle porque demostra que as persoas se axudan mutuamente. Tamén quere destacar que algúns parágrafos lle resultaron difíciles de entender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario