21/11/14

Imos de visita ao instituto

O 14 de novembro fomos ao instituto A Paralaia, xunto cos nenos e nenas de 6º dos colexios de Tirán, Abelendo e Seara.Un autobús recolleunos no cole.

Estabamos moi nerviosos. Ao chegar leváronnos á biblioteca e explicáronnos o que íamos facer. Despois déronnos unhas camisetas e presentáronnos algúns profesores do instituto.

Logo fomos ao pavillón de xogamos un campionato de fútbol e outro de baloncesto entre os colexios e os alumnos de 1º da ESO.
Levamos dous trofeos: un de fútbol por quedar de segundos, e outro de baloncesto por quedar de primeiros. Nós pensabamos que íamos quedar segundos ou terceiros!.

Ao rematar comemos castañas ( era a festa do magosto no instituto)  e compramos na cafetería, e tamén aos alumnos/as de 4º da ESO que van ir de excursión.


No instituto atopamos os nosos irmáns maiores ( Ana) , primas (Laura) e os amigos e amigas que estudaron no noso colexio.

Fixemos amigos dos outros coles . 
Encantounos ir ao instituto. Queremos aprobar todo para ir o próximo curso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario