MANIFESTO POLA PAZ
ESTE DÍA REPRESENTA A PAZ, NON AO RACISMO NIN Á VIOLENCIA… TRATAR BEN AOS PAIS, IRMÁNS, MESTRES, COMPAÑEIROS….
QUE NON HAXA GUERRAS E HAXA MOITA PAZ.
QUE NON HAXA CRISE.
QUE NON HAXA MALDADE. QUE TODOS POIDAMOS SER AMIGOS E FELICES.
A PAZ E A SANIDADE NO MUNDO. PROHIBIDO VENDER A SANIDADE. QUE HAXA MEDICINAS PARA TODO OS NENOS E NENAS.
LOITEMOS POR TER PAZ NO MUNDO
NUNCA MÁIS Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
GUSTARÍANOS QUE HOUBESE UN MUNDO MÁIS XUSTO.
QUE CADA MULLER, HOME, NENO E NENA TEÑAN AUGA, COMIDA E UNHA CASA ONDE VIVIR.
QUE TODOS OS RICOS AXUDARAN AOS POBRES.
QUE TODOS TEÑAMOS O MESMO RESPECTO E A MESMA EDUCACIÓN.
QUE TODOS E TODAS TEÑAMOS TRABALLO.
TODOS DEBERIAMOS VIVIR EN PAZ, SEN CONFLITOS E DISCUSIÓNS.
NON NOS TEMOS QUE DESPREZAR UNS A OUTROS, POSTO QUE TODOS SOMOS IGUAIS.
DEBERIAMOS PREOCUPARNOS MÁIS POLOS DEMÁIS E MENOS POR NÓS MESMOS.
SE TODOS NOS PROPOÑEMOS VIVIR EN PAZ PODERIAMOS CONSEGUILO.
SE NOS UNIMOS PODERIAMOS VIVIR NUN MUNDO PERFECTO, SEN GUERRAS, SEN PELEXAS, SEN VIOLENCIA….
Manifesto feito polos alumnos e alumnas de 6º E.P. 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario