TRAMPA PARA AS AVESPAS ASIÁTICAS
Necesitamos
* 1 botella de plástico baleira de 1,5 l
* 1 botella de plástico baleira de 0,5 l
* 1 cuter ( coa axuda dun adulto)
* Mesma cantidade de cervexa negra que de viño branco
* Un pouco de zume de froitos vermellos( arandos, framboesas,...)
* Un cordel
Construímos
Cortamos a parte superior da botella pequena e reservamos.
Facemos dous cortes en forma de cruz na parte superior da botella grande e metemos a boca cortada da pequena nesa cruz.
Enchemos a botella grande ata menos da metade cos líquidos e colgamos a botella dun cordel que poñemos nunha árbore.
Nota: o zume de froitos vermellos que sexa de bote, se non, sería carísimo.
A foto mostra como queda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario