29/11/08

Xoga cos mapas

De novo, grazas a O RECANTO DE MIK , temos estas actividades para por a proba os vosos coñecementos. Vexamos cantos puntos conseguides:


Como se chama...?:



Onde está a provincia...?










Crebacabezas das provincias:

25/11/08

Entrevista a María Salgueiro









María Salgueiro é unha actriz natural de Moaña
O seu traballo máis reciente foi o papel de Renata en “A vida por diante”,emitido na TVG.
Deuse a coñecer no papel de Bumbum, no programa Infantil “Pinnic”.
Laura, de sexto, fíxolle unha entrevista:

Laura:
¿A que anos empezaches a queres ser actriz?

María:
-Aos 16 anos.

Laura:
¿Cantas series fixeches?

María:
-Fixen moitas. Algunha saíron na tele, e outras non.

Laura:
¿Hai que facer a carreira (arte dramático) para ser actriz?

María:
-Non fai falta. Na miña época eu tiven que ir estudiar a Madrid, pero agora na Coruña xa hai para informarte e estudiar. En Vigo hai tamén unha escola de Arte dramático que está moi ben.Podes ser actriz sen carreira, pero si vas a Arte dramático, é un título que tes na túa vida.

Laura:
¿A túa familia apoiouche cando quixeches ser actriz?

María:
-Si, pero para ir a Madrid a estudiar teatro, tiven que traballar antes, para gañar diñeiro e poder ir.

Laura:
¿Como é o día a día sendo actriz?

María:
-Pois normal, o que ten de malo é que mentres estás facendo unha serie estás moi ben, pero cando rematas, ata que te chamen para facer outra estás sen traballo, e tes que ter un traballo de apoio.

Laura:
-Grazas por atenderme, estou encantada de facerche a entrevista.

María:
Grazas a tí.




Máis información en:



24/11/08

Regueifas

Juan:
Os do Segrel do Penedo
En rimas vennos falar
E nós con rimas
Ímoslle contestar.

Mara:
Os do Segrel do Penedo
Din que somos uns artistas
E excelentes periodistas.

Eles a nós
Cáennos moi ben
Pero non sabemos
Que é o que se lles da ben.

Adrián:
Eu son Adrián
E estou moi despistado
Non consigo rimar
Nin facer un pareado.

Rodrigo:
Eu fago uns pareados
Que vos deixo flipados.

Paula:
Eu son Paula
Do colexio de Quintela
O cole máis guai
De aquí a Inglaterra.


Eva:
Pola mañá ao chegar
E comezar a traballar
A última hora
Estamos tan cansados
Que marchamos para casa
Facendo pareados.

Sergio:
En sexto metémonos a periodistas
E somos moi bos facendo entrevistas.
Dis que temos un blog fenomenal
Tranquis, tíos, que cando remate o curso
Xa non o facemos máis

Emma:
Estou na clase de sexto
Pensando como rimar
E a profesora dime
¡empeza a traballar!

Laura:
Os alumnos de sexto de Quintela
Somos a tela.
Facemos unha chea de cousas
Sen darnos de conta.

Somos sete nenas
E seis nenos
En total somos trece
Pero facemos barullo
Como si foramos cento dezasete

O día a día na clase
É bastante bo
Pero hai días que facemos
Trasnadas a montón.

Daniel:
Eu son Daniel
E non se me ocorre nada
Por iso a profe dí
Que a miña imaxinación está agotada.

Lois:
En Quintela estudiamos
E algúns aprobamos
Xogamos ao basquet cos amigos
Sen meternos en líos
ao fútbol xogamos contra todos
e gañamos sempre nós, os bobos
En clase somos os mellores
pero non somos empollones
e díxome a miña amiga Xiana
que aínda facedes pis na cama.

Helena:
Temos moita experiencia
Non fai falta dicir nada
Somos os mellores
Facendo entrevistas de nada
Non queremos tantos halagos
Xa estamos agotados
Toda a xente dí o mesmo
Dos nosos traballos
Pero grazas de todas formas
Penso que poderemos soportar
Outro halago de nada:
O ignoramos, e xa está.


Isa:
Eu son a profesora
E téñovos que contar
Que todo o que eles din
E mentira ata o final

E mentira ata o final
Todo é un invento
Non fagades ningún caso
A esta pandilla de sexto.

Teñen pouca cabesiña
E non saben que inventar
Para botar unhas risas
E deixar de traballar.

Menos mal que está a profe
Para pórlles sentidiño
Senón estes non rematan
A primaria neste siglo.

A primaria neste siglo
Teñen que rematar
non os queremos no cole
nin un só día máis.

Nin un só día máis.
Que para eles aguantar
Hai que ter moita paciencia
E xa non vai quedando máis.

Regueifas

Juan:
Os do Segrel do Penedo
En rimas vennos falar
E nós con rimas
Ímoslle contestar.

Mara:
Os do Segrel do Penedo
Din que somos uns artistas
E excelentes periodistas.

Eles a nós
Cáennos moi ben
Pero non sabemos
Que é o que se lles da ben.

Adrián:
Eu son Adrián
E estou moi despistado
Non consigo rimar
Nin facer un pareado.

Rodrigo:
Eu fago uns pareados
Que vos deixo flipados.

Paula:
Eu son Paula
Do colexio de Quintela
O cole máis guai
De aquí a Inglaterra.


Eva:
Pola mañá ao chegar
E comezar a traballar
A última hora
Estamos tan cansados
Que marchamos para casa
Facendo pareados.

Sergio:
En sexto metémonos a periodistas
E somos moi bos facendo entrevistas.
Dis que temos un blog fenomenal
Tranquis, tíos, que cando remate o curso
Xa non o facemos máis

Emma:
Estou na clase de sexto
Pensando como rimar
E a profesora dime
¡empeza a traballar!

Laura:
Os alumnos de sexto de Quintela
Somos a tela.
Facemos unha chea de cousas
Sen darnos de conta.

Somos sete nenas
E seis nenos
En total somos trece
Pero facemos barullo
Como si foramos cento dezasete

O día a día na clase
É bastante bo
Pero hai días que facemos
Trasnadas a montón.

Daniel:
Eu son Daniel
E non se me ocorre nada
Por iso a profe dí
Que a miña imaxinación está agotada.

Lois:
En Quintela estudiamos
E algúns aprobamos
Xogamos ao basquet cos amigos
Sen meternos en líos
ao fútbol xogamos contra todos
e gañamos sempre nós, os bobos
En clase somos os mellores
pero non somos empollones
e díxome a miña amiga Xiana
que aínda facedes pis na cama.

Helena:
Temos moita experiencia
Non fai falta dicir nada
Somos os mellores
Facendo entrevistas de nada
Non queremos tantos halagos
Xa estamos agotados
Toda a xente dí o mesmo
Dos nosos traballos
Pero grazas de todas formas
Penso que poderemos soportar
Outro halago de nada:
O ignoramos, e xa está.


Isa:
Eu son a profesora
E téñovos que contar
Que todo o que eles din
E mentira ata o final

E mentira ata o final
Todo é un invento
Non fagades ningún caso
A esta pandilla de sexto.

Teñen pouca cabesiña
E non saben que inventar
Para botar unhas risas
E deixar de traballar.

Menos mal que está a profe
Para pórlles sentidiño
Senón estes non rematan
A primaria neste siglo.

A primaria neste siglo
Teñen que rematar
non os queremos no cole
nin un só día máis.

Nin un só día máis.
Que para eles aguantar
Hai que ter moita paciencia
E xa non vai quedando máis.

20/11/08

Os dereitos da infancia

Estes son algúns dos debuxos que fixemos sobre os dereitos da Infancia.


16/11/08

Xogo de lingoa

Vimos este xogo de lingoa en "O recanto de Mik"
e copiamos o código para poder incrustalo en ANB ( A Nosa Biblioteca)

12/11/08

Traballo documental de Paula

Stephen Hawking


Físico británico (Oxford 1942) .Estudio nas universidades de Oxford e Cambrigde e traballou con investigador no instituto de astronomía (1972-1973) e no departamento de matemáticas aplicadas e física teórica de esa universidade.
Dende 1979 ocupa a cátedra de matemáticas.

E autor de importantes traballos teóricos sobre o universo, e sobre os buratos negros.
Recibiu numerosos premios , entre eles o Príncipe de Asturias e esta semana o Premio Fonseca 2008.


Acaba de escribir un libro coa súa filla Lucy para nenos :”A clave secreta do universo”, que está na biblioteca do noso colexio.Alguns da clase o estamos lendo, pero é un pouco difícil.


El pensa que o futuro do ser humano está no espacio, onde cree que é posible vivir.
Padece esclerosis lateral amiotrófica (ELA) dende os 21 anos , polo que está paralizado case todo o seu corpo.
E capaz de comunicarse con axuda do seu sintetizador.

Eu fun coa miña nai Rocío á conferencia. Dixo algunhas cousas divertidase. Cando rematou a conferencia déronlle unha escultura.



Entrevista a Xil Ríos


Paula, entrevistou ao cantautor moañés Xil Ríos. Aquí tedes a entrevista:
Paula:
¿Cando decidiu ser cantante?

Xil Ríos:
Decidín ser cantante no ano 1971.

Paula:
¿E cando lle veu a súa paixón pola música?
Xil Ríos:
Teño paixón pola música dende pequeno. Estiven en varios grupos:
Primeiro na Rondalla “Mañogalega”. E despois na Coral moañesa como solista.
No ano 1971 participei en Vigo no festival “Dorna”, onde gañei o 2º premio coa canción “Un anaco de pan”, o meu primeiro éxito.
No ano 1973 participei no festival “Miño” de Ourense, onde gañei o 1º premio coa canción”Miña Maruxiña”
Coa Multinacional “Philips “gravei discos durante 15 anos.

Paula:
¿Escribe vostede as súas cancións. En caso afirmativo, ¿en que se inspira?

Xil Ríos:
Si, escríboas eu.Case todas as letras e a música son miñas.
Inspírome nas miñas vivencias, cousas do pobo,...

Paula:
¿Que consellos lle daría aos rapaces que se queren dedicar á música?

Xil Ríos:
Que estudien música.Que sexan constantes co seu traballo: ¡SEN TRABALLO NON SE CONSEGUE NADA!

Paula:
Moitas grazas pola súa colaboración.



Para saber mais:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Xil_R%C3%ADos


En Aquí vivimos tedes ademais un vídeo de Xil Ríos .

Entrevista a Wöyza



Os nenos e nenas de 6º estiveron traballando as entrevistas.
Helena entrevistou a unha cantante de Moaña que lle gusta moito: Wöyza.
Esta é a entrevista:

Helena:
¿A que idade comezaches a interesarte pola música?

Wöyza:
Pois a verdade, dende moi pequeniña; creo que dende que nacín, pois os meus pais din que me tarareaban nanas, e en vez de quedarme durmida, facía ruidiños, como si quixera cantar eu.

Helena:
Ti cantas música hip hop, pero ,¿algunha vez cantaches outro tipo de música?

Wöyza:
Si, dentro do movemento hip hop eu canto soul, que é música negra, e toco todos os paos, é dicir, o reggea, tamén o rapeo, igual canto algo moito máis árabe...o seña, dentro do meu collo outro tipo de influencias de outras músicas pero lévoas sempre ao meu terreo, que é o hip hop. Aínda que sexa cantante de soul fago hip hop, que é difícil porque a xente non está acostumada a iso, aínda que en Estados Unidos xa é unha música moi popular.
Helena:
Aparte do hip hop, ¿cal é o tipo de música que máis che gusta?

Wöyza:
Gústame toda a música negra; gústame o soul dos sesenta que é o son Motown, como Aretha Franklin, Ray Charles, Ottis Redding.
Todo iso é o clásico , e ademais gústanme cousas modernas como poden ser: o rap dos noventa e o soul dos noventa tamén; o funky, hai cousiñas do funky que tamén me gustan como James Brown....e nada, eu escoito todo o que é música negra prácticamente . Despois podo escoitar flamenco...algo de música árabe...música instrumental de jazz...pero escóitoo menos.

Helena:
¿Por qué cantas hip hop pe non outro tipo de música?

Wöyza:
Porque síntoo así e os sentimentos non se poden explicar; está dentro de mí.

Helena:
¿Que se sinte ao ter fans?

Wöyza:
Pois síntome moi agradecida, porque estou facendo música para a xente. Entón, ao ver que a xente responde, esa é a primeira satisfacción dun artista.
O facer para os demais é un toma e dar como todo na vida; ti lle das cariño a túa nai, e ela dáche a ti.
Pois esto é o mesmo: ti lle das algo e apórtaslle algo ao público e o público apórtache apoio, aplausos e cariño.

Helena:
¿Tocas algún instrumento?

Wöyza:
Toco a guitarra, un pouco o piano , e como sei solfeo, hai moitos instrumentos que sei como funcionan, podo tocalos, pero realmente o que mais toco é a guitarra.
Helena:
Fai pouco saíu a venda o teu novo disco “Pisando el suelo que ves”. ¿Tivo moito éxito?

Wöyza:
Pois hai unha semana e media que saíu e non se pode dicir ata onde pode chegar, pero por agora os resultados son moi bos.
Estamos cerca das 30.000 descargas, que eso en ventas de discos estaríamos aproximándonos ao disco de ouro, pero como non teño un disco físico, porque esto é moi importante, voucho explicar para que vos que sodes xóvenes entendades porque non saquei o disco en formato cd.
Vouno a sacar en vinilo. En formato cd non o saquei porque non estou en ningún sello (discográfico ) importante, como “Universal” ou “Warner”, que son sellos grandes que teñen moito diñeiro.
Eles poden investir en promocionar eses discos que van saír, pero eu como non teño moito diñeiro, prefiro chegar a mais xente que sacar un disco que non vou poder mover, porque non teño medios para pagar un póster e poñelo nas tendas de Madrid.Entón, como non teño eses medios, a través de internet , que é a rede de difusión máis importante, podo promocionalo.
Helena:
Grazas por responder a estas preguntas.

Wöyza:
Grazas a tí.


Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/W%C3%B6yza

http://www.woyza.es/

11/11/08

Diario de clase



HISTORIA DE UN DIARIO

Na clase de lingua limos uns fragmentos do “Diario de Ana Frank”. Suscitouse entón un fructífero debate , porque nese intre estaba nos cines a versión cinematográfica de “O nenos do pixama de raias”, e algunhas das nenas de 6º vira a película.
Falamos do nazismo, limos mais fragmentos do diario , e puxemos en circulación os exemplares do” Diario de Ana Frank”, e de “O neno do pixama de raias”.
Ademais, cada un dos alumnos e alumnas de sexto escribiu un diario contando un día. Gustoulles escribilo, e foi entón cando acordamos facer un diario da clase de 6º.
Van escribindo por turnos, e escriben nel cando sucede algo diferente na escola.
O máis difícil foi chegar a un acordo para poñerlle nome. Despois de un intenso debate, e varios días de reflexión, acordaron chamarlle “Fred”.
Cando remate o curso, esperamos ter rexistrado todo o que nos foi acontecendo, para non esquecer o seu último curso no colexio de Quintela.
Xa vos iremos mostrando parte do diario.....si sodes bós.

03/11/08

A caveira virtual

A través do blogue "O recanto de Mik"do CEIP Mestres Goldar de Vigo, cheganos este xogo: