17/11/24

Obradoiro de radio na aula de 5°

 

 O venres tivemos o pracer de contar no cole con Damián Alonso, que nos ensinou moitas cousas sobre o mundo da radio (intensidade da voz, tono, volume, indicacións sobre cómo dar paso á voz ou á música cando gravamos…). Ensinounos a facer un guión e, por parellas, gravamos o noso podcast.

Grazas Damián, aprendemos moito!

07/11/24

Teatro Quintela

Comeza un novo proxecto neste curso 24/25.  Este ano investigaremos sobre o teatro. 

O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.

Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.


31/10/24

Elaboración de cabazas con fío condutor e leds en 6°

 Logo de moito practicar, de preguntarnos o motivo polo que os led non acendían, de coser e descoser… por fin demos rematado as nosas cabazas terroríficas! Decoramos o corredor en elas e, gustaron moito ao resto de compañeiros e compañeiras do cole.




 


22/10/24

Charla (des)Conecta de Cibervoluntarios

O alumnado de 6º recibiu a charla Desconecta, para fomentar un uso saudable, positivo e responsable da tecnoloxía e para que coñezan os riscos que a adicción ás pantallas pode ter para a súa saúde física e mental.

21/10/24

Preparando o Samaín en 6°

 O alumnado de 6° quere decorar o corredor do cole con cabazas que teñan por ollos uns led de cores que lle están a coser. 

Mirade que ben o están a facer.


20/10/24

5° axuda ao alumnado de 1° na cabaza informativa

 O alumnado de 5°, como vos padriños e madriñas do alumnado de 1°, estivo colaborando na elaboración da cabaza que levarán a casa coa información sobre a elaboración das cabazas que decorarán os corredores polo Samaín.

Fermoso momento de colaboración e convivencia.





17/10/24

E... despois de moito esforzo en cuarto... XA ESTAMOS EN 5º de PRIMARIA!

Pois xa vedes! Novo ciclo, mestres novos, un titor (Ángel) que hai que coñecer... Xa nos tarda aprender cousas novas que nos servan para a vida e para nós mesmos. Para ser mellores como seres humanos! Comezamos? Vamos? Vamos! A polo curso 2024-2025!

07/10/24

 XA ESTAMOS EN 6º!

 

Os alumnos e as alumnas de sexto comezamos as clases con moita ilusión. Xa somos os maiores do cole a imos aproveitar este curso ao máximo.😊