Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: mira mira b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: mira mira b>. Amosar todas as publicacións
13/06/14
12/06/14
Arte en medio da destrución
Na clase de quinto miramos esta fotografía, que representa o cadro de Klimt "O bico"
Isto é o que pensamos ao miralo:
Isto é o que pensamos ao miralo:
- Gústanos porque despois de destruír todo, pintan un cadro que simboliza a paz.
- Porque a pesar da guerra, crean arte
- Porque é moi creativo
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
11/06/14
A Monna Lisa, ...doutro xeito
Un grupo de alumnos e alumnas da escola de Artes Visuales de Canterbury-Inglaterra (parecido ao bacharelato artístico de aquí) fixeron a Monna Lisa con xiz, plástico, follas, terra,..Mirade que bonito!!!
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
08/06/14
Os bits de intelixencia: a pintura
Os bits son datos que pode almacenar o cerebro, e que chega a través dos sentidos. No colexio preparamos estes bits, baseados na pintura, para fomentar a observación, a capacidade memorística e a cultura.
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
01/06/14
Xardín florido
Esta é unha das vistas que temos dende as ventanas da clase de quinto curso:
Garda certo parecido co cadro de Van Gogh "Xardín florido":
Garda certo parecido co cadro de Van Gogh "Xardín florido":
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
31/05/14
As medidas dos cadros
Queres saber canto miden algúns dos cadros máis famosos?
·
Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
Será interesante ver canto ocupa cada un!
“As meninas”, de Diego Velázquez,
mide 276 de alto por 318 cm de ancho .
“A Gioconda”, de Leonardo da Vinci
77 cm de alto por 53 cm de ancho
“Enrique VIII”, de Hans Holbein o Mozo
28 cm de alto por 20 cm de ancho
“A habitación", de Van Gogh
74 cm de alto por 56,5 cm de ancho
“Guernica”, de Pablo Picasso
3,50 cm de alto por 7,80 de ancho
“A persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos,” de Salvador Dalí
119,5 de alto por 90 cm de ancho.
“Varios círculos”, de Kandinsky
127 cm de alto por 200 cm de ancho
Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
Será interesante ver canto ocupa cada un!
Etiquetas:
Competencia matemática,
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
28/05/14
Outra forma de pintar as meninas
Existen numerosas versións daa meninas.Imos ver algunhas:
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
25/05/14
A semana da froita
Esta semana no cole vai estar dedicada á froita. Receitas de froita, froita na merenda,...
A froita é unha parte importante na historia da pintura.
Os cadros que representan distintos tipos de alimentos, froitas , flores,...chamanse "Bodegóns" ou "Natureza morta".
O bodegón é considerado unha arte menor, pero a maioría dos grandes pintores/as teñen o seu.
Velaí unha mostra:

A froita en Quintela,
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
20/05/14
A xeometría na pintura
Na clase de quinto fixemos as nosas particulares reproduccións do cadro de Kandinsky titulado: "Estudo de cor. Círculos concéntricos"
Servíunos para mellorar a nosa técnica no uso do compás. Aquí tedes o noso traballo:
Servíunos para mellorar a nosa técnica no uso do compás. Aquí tedes o noso traballo:
19/05/14
28/04/14
A froita na pintura
Giuseppe Arcimboldo (1527-1593) foi un pintor italiano famoso por reproducir o rostro humano con froitos e flores,
Despois de facer o obradoiro de froitas para os nenos e nenas de 6º, vemos que divertido pode ser deixar voar a imaxinación.
Para máis ideas artísticas, relacionadas coa froita, podemos consultar o libro "Que tal vexetal?"
Despois de facer o obradoiro de froitas para os nenos e nenas de 6º, vemos que divertido pode ser deixar voar a imaxinación.
Para máis ideas artísticas, relacionadas coa froita, podemos consultar o libro "Que tal vexetal?"
Etiquetas:
A froita en Quintela,
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
O universo na pintura....noite estrelada
"A noite estrelada" de Vicent van Gogh, reproduce va vista dende a súa fiestra no sanatorio de Saint Remy de Provence.
O cadro pintuouno polo día, de memoria.
Recoñecedes a lúa e as estrelas?
31/03/14
A xeometría na pintura: triángulos
Este é o mosaico "A árbore da vida", que fixo Gustav Klimt para o palacio Stoclet de Bruselas.
Ao pintor xa o coñecedes. polo seu famosísimo cadro, "O bico"Aquí a nosa proposta:
Tentade localizar e clasificar algúns dos triángulos.
A xeometría na pintura: cadrados
Piet Mondrian (1872- 1944) foi un pintor holandés, autor do cadro que vemos a continuación. O seu título: "Composición II en vermello, azul e amarelo".
Mondrían plasmaba a harmonía con liñas verticais e horizontais.A súa obra foi incomprendida, pola aparente simplicidade dos cadros. Pero para lograr a pureza de cor e liñas. adoitaba utilizar unha grande variedade de técnicas e capas de cores.
Se vos fixades, podedes adiviñar as pinceladas.
Agora imos facer a nosa versión do cadro, utilizando o escuadro e o cartabón.
A xeometría na pintura: circulos
Título: "Estudo de cor. Círculos concéntricos"
Autor: Wassily Kandinsky , pintor ruso ( 1886-1964)
Para reflexionar:
- Parécevos que segue sendo actual?
- Imaxinades como foi acollido na súa época?
Tentade reproducilo utilizando o compás
12/02/14
Mira mira a pintura, canto mide?
Queres saber canto miden algúns
dos cadros máis famosos?
· “As
meninas,” de Diego Velázquez, mide 276 de alto por 318 cm de ancho .
· “A Gioconda,” de Leonardo da Vinci, mide 77 cm de alto por 53 cm de ancho
· “A
persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos”, de Salvador
Dalí, mide 119,5 de alto por 90 cm de ancho.
· “Enrique
VIII”, de Hans Holbein o Mozo, mide 28 cm de alto por 20 cm de ancho
· “A
habitación", de Van Gogh, mide 74 cm de alto por 56,5 cm de ancho
· “Varios
círculos”, de Kandinsky ,mide 127 cm de alto por 200 cm de ancho
· “Guernica” ,de Pablo Picasso, mide 3,50 cm de alto por 7,80 de ancho
P Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
Será interesante ver canto ocupa cada un!
04/02/14
A muller na arte
Mira este vídeo, e intenta averiguar a que cadros pertencen estas caras.
Etiquetas:
5º de Primaria,
6º de Primaria,
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
Arte e paz
Dende o CEP Brea Segade, os nosos amigos de Taragoña, achégannos esta actividade sobre o Guernica e a paz. Preme na imaxe:
Etiquetas:
Celebracións: A Paz,
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
Miramos, pensamos
Na clase de quinto curso atopámonos con esta reprodución do cadro "Escuela rural" de Albert Anker, e ... mirámolo.
Tratábase de observar, apender a mirar os cadros, respostando a moitas preguntas:
Onde están? É unha escola, ou ten outros usos? Hai calefacción? Hai encerado? Como son os pupitres? Hai pupitres para todos? Quen está sentado neles? Onde están sentadas as rapazas? Por que?
Como é a roupa dos rapaces? Algún aparenta máis riqueza? Se é así, onde está sentado?
E as rapazas? Algunha ten mellor roupa, de máis abrigo? Onde está sentada?
Como é o comportamento dos rapaces? Como imparte a disciplina o profesor?
Que papel ten a profesora? Que levan as rapazas nas cestas? Para que?
Como é o material escolar?
O cadro permitiunos reflexionar sobre como era a escola noutros tempos. Era mellor que agora?
E sobre a diferenza de trato entre os nenos e as nenas.
Foi unha sesión moi interesante!!

14/01/14
A pintura na historia
No terceiro ciclo fixeron unha recreación da pintura na historia, dende a pintura rupestre, pasando polas pinturas na cerámica, os mosaicos, os retablos, os frescos:
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Proxecto: mira mira
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

.jpg)

.jpg)