Terceiro ciclo en Quintela
5º e 6º de Primaria
13/04/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. WHITE BOARD EN 5°
24/03/21
Mulleres pioneiras: A alcaldesa de Moaña Leticia Santos
20/03/21
SAÍDA A SAN MARTIÑO E Á CRUZ DA PARALAIA
19/03/21
Visítanos Edita de Lorenzo
A comezos de marzo as nenas e nenos de 5º e 6º tivemos a sorte de contar coa visita de Edita de Lorenzo. É enxeñeira de Telecomunicacións, profesora da Universidade de Vigo e foi a primeira muller en Galicia ao fronte dunha escola de enxeñaría.
Contounos unha chea de cousas sobre o seu interesante e importante traballo na Universidade de Vigo. Destaca o seu traballo de investigación sobre aplicacións Tic para detectar o cancro de mama.
Tamén nos dixo que mulleres e homes están igualmente capacitadas e capacitados e poden ser profesionais de éxito no mundo da enxeñaría.
Agradecémoslle a Edita que compartira con nós a súa sabedoría e o seu valioso tempo.
14/03/21
XEOGRAFÍA CO ESCORNABOT EN 6°
O alumnado de 6º estivo traballando sobre o mapa de España co Escornabot. Fixemos un repaso das comunidades autónomas e provincias do noso país.
13/03/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. SPHERO MINI EN 5º DE PRIMARIA
08/03/21
5º TRABALLA O ENTROIDO TRADICIONAL DE MEIRA A TRAVÉS DO CÓMIC
Como sabedes, os nenos e nenas de 5º recibiron unha charla por parte da Asociación Meiramar Axóuxeres na que lles falaron sobre o Entroido Tradicional de Meira. Agora, eles están a elaborar un resumo da información en formato cómic coa aplicación Strip Design e logo publicaranna nun tríptico. Xa veredes o resultado final!
24/02/21
DIGICRAFT NO TEU COLE. VISITAMOS O MUSEO THYSSEN EN 6°
Os nenos e nenas de 6º somos artistas que quixemos reproducir algúns dos cadros que se expoñen no museo Carmen Thyssen de Málaga. Tivemos que visitar o museo virtualmente para atopar os cadros e así poder pintar os nosos seguindo o exemplo.
22/02/21
COPLAS DO ENTROIDO
Aquí tedes as coplas que cantaron os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.
19/02/21
Visita de Meiramar Axóuxeres
Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a sorte de coñecer como se celebra o Entroido Tradicional de Moaña. Visitounos Manolo Covas, membro da Asociación Meiramar Axóuxeres, que nos foi contando como foi o traballo de recuperación desta festa. Tamén nos amosou os traxes das madamas, galáns e do fedelloso, protagonistas indiscutibles desta celebración.
Resultou unha charla moi amena e interesante. Agradecémoslle moito a Manolo que compartira con nós esta parte da historia de Moaña.