Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: o magosto. Amosar todas as publicacións

09/12/25

XORNADA DE CONVIVENCIA IES PARALAIA

 O pasado 21 de novembro, o alumnado de 6º de primaria realizou unha saída ao Instituto IES Paralaia para celebrar unha xornada de convivencia e o magosto. Durante a mañá, puidemos participar en diferentes actividades preparadas polo instituto, pensadas para fomentar a colaboración, o respecto e o traballo en equipo entre estudantes de diferentes centro de Moaña que o próximo ano estarán e compartiran clase no insti.

Despois dos xogos, gozamos do tradicional magosto e compartimos un momento festivo nun ambiente próximo e agradable. A actividade permitiu reforzar a relación entre centros e vivir unha experiencia educativa diferente e enriquecedora.

Foi unha xornada divertida, participativa que agardamos repetir.






12/11/25

O Magosto

 O luns celebramos o magosto no cole. Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...), comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, a que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.

21/11/18

Magosto no IES A Paralaia

O venres pasado o alumnado de sexto curso foron convidados a celebrar o magosto no IES A Paralaia. Foi unha experiencia moi bonita. Unha das actividades consistiu en formar equipos para crear carteis relacionados co día da Non Violencia. Estes foron os carteis do noso alumnado:


22/11/17

OS NENOS E NENAS DE 6º VAN AO MAGOSTO DO IES PARALAIA

O pasado venres 10 de novembro, os nenos e nenas de 6º curso foron convidados polo instituo da Paralaia a celebrar o seu magosto. Pasárono xenial!!!
Mirade a montaxe en Imovie que fixeron Ángela, Pedro e Ana.


09/11/17

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradiconais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!
Tamén queremos dar os parabéns ao alumnado de 6º curso pola súa colaboración co resto do alumnado no desenvolvemento das distintas actividades.

 

16/11/16

Magosto de 6º en " A Paralaia "

A clase de 6º foi invitada un ano máis a participar na festa do magosto no instituto A Paralaia.Tamén foron os colexios de Seara, Tirán e Abelendo. Participaron nas actividades que estaban organizadas, xogaron e merendaron. Pasárono moi ben.


 

10/11/15

CARTEIS DO MAGOSTO

Esta semana celebramos o Magosto no cole. Na clase de 6º de primaria fixemos por parellas os carteis para anunciar a celebración. Mirade que ben quedaron.







21/10/15

RECEITAS DE OUTONO

Estas receitas de outono foron aportadas polo alumnado e as familias no curso 2014-15. O alumnado de 5º de primaria do citado curso elaborounas nun programa de maquetado e aquí temos os resultados. Dende o EDLG queremos agradecer unha vez máis ás familias a súa colaboración  nas actividades propostas.