Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A auga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A auga. Amosar todas as publicacións

19/11/10

Qué sabes da auga?


QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE SEXTO:


Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?

Gustaríame saber como podo atopar auga no mundo.

Sempre está líquida, ou aparece de outras maneiras?

E que proporción de auga e terra hai no planeta?
Hai máis auga doce ou hai máis salgada?
Por certo, que son os icebergs?

Espero as vosas respostas!
Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

De onde sae a auga?

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE QUINTO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Quixera saber de onde ven a auga que sae das billas das casas e onde vai despois.Sempre houbo auga nas casas?
Sabedes que civilización fixo grandes obras para levar auga as casas?


Espero as vosas respostas!

Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

08/10/10

Para buscar imaxes

As veces queredes ilustrar as vosas entradas nos blogs con fotografías.


Si queremos acudir a internet, hai varias opcións para ter imaxes con licencia para poder usalas.


Para coñecer eses sitios, o blog "Xarxatic" ten unha entrada moi didáctica.

E aconsellable que probedes as diferentes opcións:


Flickr



Buscade fotografías sobre un tema: A auga. Cando teñades unha carpeta, facede unha presentación sobre ese tema.

(A páxina Xarxatic e unha recomendación que nos chega de Cristina Novoa, da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia )