26/03/25

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles. O alumnado de 1ºP fixo os recitados co alumnado de 5ºP, e o alumnado de 2ºP co de 6ºP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario