31/03/14

A xeometría na pintura: cadrados

Piet Mondrian (1872- 1944) foi un pintor holandés, autor do cadro que vemos a continuación. O seu título: "Composición II en vermello, azul e amarelo".


Mondrían plasmaba a harmonía con liñas verticais e horizontais.A súa obra foi incomprendida, pola aparente simplicidade dos cadros. Pero para lograr a pureza de cor e liñas. adoitaba utilizar unha grande variedade de técnicas e capas de cores. 
Se vos fixades, podedes adiviñar as pinceladas.
Agora imos facer a nosa versión do cadro, utilizando o escuadro e o cartabón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario