04/02/14

Miramos, pensamos

Na clase de quinto curso atopámonos con esta reprodución do cadro  "Escuela rural" de Albert Anker, e ... mirámolo.
Tratábase de observar, apender a mirar os cadros, respostando a moitas preguntas:

Onde están? É unha escola, ou ten outros usos? Hai calefacción? Hai encerado? Como son os pupitres? Hai pupitres para todos? Quen está sentado neles? Onde están sentadas as rapazas? Por que?
Como é a roupa dos rapaces? Algún aparenta máis riqueza? Se é así, onde está sentado?
E as rapazas? Algunha ten mellor roupa, de máis abrigo? Onde está sentada?
Como é o comportamento dos rapaces? Como imparte a disciplina o profesor?
Que papel ten a profesora? Que levan as rapazas nas cestas? Para que? 
Como é o material escolar?
O cadro permitiunos reflexionar sobre como era a escola noutros tempos. Era mellor que agora?
E sobre a diferenza de trato entre os nenos e as nenas.
Foi unha sesión moi interesante!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario