Acabamos de enterarnos:
Somos finalistas nos Premios Espiral,
na categoría de
Blogs de Aula-Primaria.É unha gran alegría, que o noso
traballo no blog, que para nós xa
é un premio e unha diversión,
quede de finalista con outros blogs
que tanto nos gustan!!!
FELICIDADES!!!
ResponderEliminarXa vedes que o traballo ben feito ten as súas recompensas. A seguir, a ver se ven algunha buxaina para Galicia!
O traballo ben feito, con responsabilidade, constancia e alegría, SEMPRE ten recompensa. Lembrádeo.
ResponderEliminarAlégrámonos co corazón deses recoñecemento que vos acaban de facer.
Bicos malpicans.
Felicidades a todos os rapaces e rapazas de 6º e a súa profe.
ResponderEliminarUn biquiño dende Cangas.
Toda unha ledicia compartida. Felicitade ao alumnado, por favor.
ResponderEliminarE para as docentes: NORABOA.
Parabéns, ISA. A vosa comunidade educativa debe estar moi orgulla de contar con profesionais tan boas coma ti. Aínda que xa abonda... agora polo premio.
ResponderEliminarNoraboa Isa, tamén para os rapaces e rapazas de 6º.
ResponderEliminarApertas como páxinas para todos
Bea, dende Ponteareas
FELICIDADES, PARABÉNS, NORABOA....
ResponderEliminarXa sabedes canto nos gustades, non si? Pero xa vedes que non só a nós, senón que todos eses "sabios dos blogs" que estiveron a mirar con lupa tantos e tantos como se teñen presentado, comprobaron o ben que o facedes e así volo están a recoñecer.
O esforzo sempre é recompensado.
Este, xa é UN PREMIO FANTÁSTICO!
Moreas de bicos dende Fene!!!!
Moitas grazas a todos polas vosas felicitacións.Estamos contentos de ser finalistas. Esperamos que o premio veña para Galicia, ainda que non sexa para nós.
ResponderEliminarSaúdos moañeses dos de sexto.
NORABOA POLO VOSO TRABALLO NO BLOG E SER FINALISTAS NO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 09.OXALÁ MOITOS DOCENTES TOMEMOS EXEMPLO E UTILICEMOS AS TICS NAS NOSAS AULAS.OS MEUS ALUMNOS E MÁIS EU, A NOSA NORABOA.
ResponderEliminarBICOS DESDE OURENSE.