20/04/09

Finalistas Edublogs!!!!!


Acabamos de enterarnos:
Somos finalistas nos Premios Espiral,
na categoría de Blogs de Aula-Primaria.

É unha gran alegría, que o noso
traballo no blog, que para nós xa
é un premio e unha diversión,
quede de finalista con outros blogs
que tanto nos gustan!!!

9 comentarios:

  1. FELICIDADES!!!
    Xa vedes que o traballo ben feito ten as súas recompensas. A seguir, a ver se ven algunha buxaina para Galicia!

    ResponderEliminar
  2. O traballo ben feito, con responsabilidade, constancia e alegría, SEMPRE ten recompensa. Lembrádeo.
    Alégrámonos co corazón deses recoñecemento que vos acaban de facer.
    Bicos malpicans.

    ResponderEliminar
  3. Felicidades a todos os rapaces e rapazas de 6º e a súa profe.
    Un biquiño dende Cangas.

    ResponderEliminar
  4. Toda unha ledicia compartida. Felicitade ao alumnado, por favor.
    E para as docentes: NORABOA.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns, ISA. A vosa comunidade educativa debe estar moi orgulla de contar con profesionais tan boas coma ti. Aínda que xa abonda... agora polo premio.

    ResponderEliminar
  6. Noraboa Isa, tamén para os rapaces e rapazas de 6º.

    Apertas como páxinas para todos

    Bea, dende Ponteareas

    ResponderEliminar
  7. FELICIDADES, PARABÉNS, NORABOA....
    Xa sabedes canto nos gustades, non si? Pero xa vedes que non só a nós, senón que todos eses "sabios dos blogs" que estiveron a mirar con lupa tantos e tantos como se teñen presentado, comprobaron o ben que o facedes e así volo están a recoñecer.
    O esforzo sempre é recompensado.
    Este, xa é UN PREMIO FANTÁSTICO!
    Moreas de bicos dende Fene!!!!

    ResponderEliminar
  8. Moitas grazas a todos polas vosas felicitacións.Estamos contentos de ser finalistas. Esperamos que o premio veña para Galicia, ainda que non sexa para nós.
    Saúdos moañeses dos de sexto.

    ResponderEliminar
  9. NORABOA POLO VOSO TRABALLO NO BLOG E SER FINALISTAS NO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 09.OXALÁ MOITOS DOCENTES TOMEMOS EXEMPLO E UTILICEMOS AS TICS NAS NOSAS AULAS.OS MEUS ALUMNOS E MÁIS EU, A NOSA NORABOA.
    BICOS DESDE OURENSE.

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario