18/03/09

Sacapenas

Hoxe, na hora de biblioteca que temos os mércores, limos o libro dos Sacapenas, e falamos do que fixeron os nenos e nenas de Primeiro do Ceip a Rúa de Cangas: facer Sacapenas para os nenos e nenas de Gaza.
Cando estaban en guerra vimos un vídeo dunha nena moi enfadada porque todo cheiraba a fume, e ademais cos bombardeos se quedara sin unhas gafas de sol que lle comprara o seu pai.
Os de primeiro do noso cole tamén van facer Sacapenas, e nós decidimos xuntarnos nos recreos da semana que ven para facer nós e envialos xunto cos que fagan os de Primeiro.
Xa hai varios colexios que se uniron a esa idea, e teñen un blog onde o van contando.Hoxe entramos nel para velo. Esperamos estar pronto nel:

1 comentario:

  1. Eu fixen un sacapenas cuns anacos de tela e uns ponpóns e creo que quedáronme bastante ben.Os nenos dos hospitais de Gaza van estar moi contentos.Animo a tod@s a facer algún.É divertido e axudarás aos nenos de Gaza.

    Bikos de Helena

    ResponderEliminar

Deixa aquí o teu comentario